Na mañá do pasado mércores 30 de abril, 17 persoas residentes no CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña e 14 persoas usuarias de ASPRONAGA, coas súas respectivas acompañantes levaron adiante a cuarta limpeza e caracterización do lixo mariño da praia de San Amaro, dentro do proxecto de seguimento mensual do seu estado ambiental durante o ano 2025. Proxecto a realizar baixo o asesoramento de Mar de Fábula seguindo a experiencia realizada no 2024 na praia das Lapas.
As pequenas praias de San Amaro e a Lapas son moi diferentes. Ambas as dúas están perto a unha da outra pero unha está aberta á ría e a outra aberta ao océano, unha agochada baixo a Torre de Hércules e a outra aberta a todas as olladas, mais ambas as dúas comparten os detritus desta sociedade que non para de consumir e tirar.
Despois de dúas horas de traballo entre limpeza e caracterización do lixo apañado por uns voluntario activos e centrados neste traballo de limpeza do mar, o resultado da colleita foi o seguinte :
PLÁSTICO /POLIESTIRENO
- 155 envases e bolsas de plástico
- 35 anacos porexpan
- 88 anacos plástico ríxido >2,5 cm.
- 43 cordas & aparellos de pesca
PAPEL/CARTÓN
- 518 cabichas (5 cabichas por metro lineal de praia)
- 7 servilletas de papel
RESIDUOS HIXIÉNICO-SANITARIOS
- 25 bastonciños de algodón
MADEIRA PROCESADA
- 2 tablas de pallet
- 20 paos de xeado
VIDRO
- 3 botellas vidro
TOTAL RESIDUOS = 896
Número moi similar ao mes anterior (851) e ao mes de abril nas Lapas (859)
Observación :
É unha vergoña a enorme cantidade de cabichas que apañamos nas praias e, nestos pequenos areais, é xa un escándalo.
O concello da Coruña ten prohibido fumar nas praias dende o ano 2020 pero hai xente incívica que non fai caso. A única solución sería facer a norma máis estricta e comezar a multar.
Moitas gracias a todas as persoas participantes pola súa sensibilidade.
NON É O NOSO LIXO PERO SÍ É O NOSO PLANETA




