Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia da Concha, en Cee. O traballo fíxose duro debido ás altas temperaturas tan inusuais nesta época do ano, é por iso, que queremos agradecer hoxe en especial a labor de tan motivado e concienciado voluntariado.
Sentimos a necesidade de recuperar a mensaxe da campaña do ano 2016 que realizamos xunto co Concello de A Coruña: A TÚA CASA NON QUEDA TAN LONXE DO MAR. Con esta campaña, apelamos á responsabilidade individual para desfacernos dos produtos hixiénico-sanitarios que utilizamos nos nosos fogares.
Polo WC únicamente debemos depositar as chamadas ‘3 pes’: papel, pis e popó, xa que é o único realmente biodegradable. Os resto dos productos hixiénico-sanitarios, INCLUÍDAS AS TOALLIÑAS HÚMIDAS, cuxos fabricantes venden como o ‘summun’ de producto biodegradable, deben de ser depositadxs no CUBO DO LIXO.
A suposta biodegradabilidade das toalliñas húmidas é unha gran mentira, un cabalo de batalla para asociacións como a nosa, xa que en realidade TODO degrádase, a maior ou menor medida e velocidade. Pero, antes de desaparecer a LONGO PRAZO, as toalliñas húmidas, atascan as redes de saneamento (non hai depuradora para tanta toalliña) e contaminan cas súas fibras sintéticas e produtos químicos as augas de ríos e mares.
Como nota positiva, o descenso de unidades de bastonciños de algodón, gracias a prohibición de ser fabricados con material plástico. Nas imaxes que aportamos podedes ver a gran cantidade de anacos de plástico brando (envoltorios, bolsas, etc..), difícil de cuantificar e:
- 130 toalliñas húmidas
- 24 compresas e ‘salvaslips’
- 50 bastonciños de algodón
- 50L. de cabos e chicotes
Por favor, difundamos entre todxs a mesaxe: A TÚA CASA NON QUEDA TAN LONXE DO MAR.
Gracias ao Concello de Cee polo apoio loxístico prestado.