Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula. Cambios na presidencia da asociación

De acordo cos estatutos da asociación  para nomeamentos ou ceses na xunta directiva, o sábado 14 de xaneiro ás 1700 horas, celebrouse Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula na sede da asociación en Camelle para tratar, como asunto principal, a dimisión por motivos de saúde do actual presidente Xosé Manuel Barros e proceder á elección dunha nova presidencia.  Mediante un proceso aberto e democrático de presentación de candidaturas, saiu nomeada para o cargo  Virxinia Barros López, actual secretaria da asociación.

Seguindo a orde do día, presentouse logo o estado de contas e fíxose un breve resumo das actividades ambientais realizadas no 2022 onde as limpezas na ribeira e as visitas de centros de ensino ás instalacións de Mar de Fábula en Camelle foron os eixos do traballo. De cara ao 2023, as limpezas de praias e coídos seguirán tendo  carta de natureza na asociación xunto cun decidido pulo para aumentar as visitas de escolares a Camelle. O desenvolvemento de varios proxectos e un decidido esforzo para a captación de novo socios foron outras das liñas de traballo fixadas pola nova presidencia. 

Despois dunha animada participación dos socios no capítulo de rogos e preguntas, deuse por levantada a asamblea ás 19:30 horas.

Comparte :

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297