Limpeza no esteiro do Anllóns e na praia da Barra. O día despois.

Onte a maña, 25 voluntarios, veciños de Ponteceso e membros de Mar de Fábula, fumos limpar, primeiro en dúas zonas do Esteiro do Anllóns e logo, na espléndida a praia da Barra.

Queríamos empezar o ano con forza, ter achegado máis voluntarios porque a tarefa a realizar era enorme pero costa traballo mobilizarnos, non é doado vencer o desleixo no que estamos mergullados. Comezamos o ano cansos, cansos de todo, cansos da pandemia aínda que saibamos que limpar e protexer a natureza forma parte da solución.

Foron 25 animosas persoas, entres eles o alcalde da vila e o concelleiro de turismo dando exemplo, marchando ao longo dos 5 kms da ruta de sendeirismo marcada e outros tantos de volta cargando cos sacos, formando unha cadea humana para salvar o desnivel coa praia. Foi un esforzo grande o realizado baixo uns raios de sol que brillaban fora de tempo.

O resultado da infame colleita estivo composta por máis de 30 sacos grandes de 100 litros cheos do lixo plástico de sempre, unha morea de lixo plástico a granel tamén, o de sempre, todo procedente deste grande supermercado do lixo no que temos transformado os océanos. A salientar, os numerosos refugallos do lixo-retrete e milleiros de anaquiños de espumas sintéticas, máis que nunca. A nota singular marcouna un mounstruoso conglomerado de poliuretano e botellas de plástico, detritos devoltos por un mar enfermo. Todo foi ao Punto Limpo do concello para o seu depósito e clasificación. O noso recoñecemento ao concello pola colaboración loxística prestada e o seu persoal tan atento.

Seguiremos descontaminando de lixo plástico o litoral, seguiremos limpando mar.

limpeza-esteiro-anllons-ponteceso-2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297