GalicianSpanishEnglishFrench

Primeira visita escolar do ano 2022 ao Centro de Actividades Ambientais de Mar de Fábula en Camelle

Este pasado mércores, ás 1130 horas da mañá, recibimos a primeira visita do ano dun centro de ensino e, como non podía ser doutra maneira, foi a Escola de Infantil e Primaria de Camelle a que inaugurou a singladura do 2022.

Nunha mañá espléndida, como se este mes de xaneiro xa fora primavera, baixo a tutela da directora e a monitora de Mar de Fábula, os 13 cativiños e cativiñas desta escola unitaria, correndo dunha parte a outra, apañaron unha chea de refugallos plásticos, espallados todos ao longo da area deste libro de texto que é a praia de Camelle e que nos fala da contaminación do mar.

Estos rapaciños de Camelle, cunha media de 5 anos, activos, de mente rápida e desperta, están tan familiarizados co medio mariño dende o seu nacemento que, á hora de identificar as fontes do lixo, aprendemos máis deles que eles de nós. A destacar da infame colleita : 15 máscaras do covid, 21 botellas de plástico, 12 latas de bebidas, 6 kgs de chicotes, cabos e aparellos de pesca e moitísimos miniplásticos.

Logo, merendaron na area baixo un cálido sol de inverno. Repostas as forzas, seguiron o paseo cara ao local de Mar de Fábula para atender unha minicharla superparticipativa, levantando os brazos arreo para falar, para contar, para opinar. Logo seguiron un video sobre a formación das criaturas caóticas e, ao remate, ceibaron a súa imaxinación creativa manexando todos os anacos de lixo plástico almacenados no local.

Ás 14:15 horas, case 3 horas despois, dimos por rematada unha xornada emocionante, na que sentimos aportamos o noso grao de area para sementar información, sensibilidade e pautas simples de respeto ambiental nunhas mentes abertas, puras, coma un ceo azul sen nubes aínda. . Eles son o futuro de Camelle.

visita-escola-camelle-actividades-ambientais-2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula