Este sábado 15 de maio, ás 11:00 horas da mañá, dimos a benvida na cabeceira da praia de Camelle a 30 alumnos/as de 5º e 6º de primaria e 3 docentes do CPI A Picota, do concello de Mazaricos.
Como é habitual, os cativiños baixaron do autobús, felices e expectantes, ao abrirse ante os seus ollos a enorme praia de Camelle e o seu mar acolledor.
Seguindo o protocolo habitual cos centros de ensino que recibimos en Camelle, procedeuse primeiro a realizar durante 1 h e 30 minutos unha recollida de lixo mariño e posterior clasificación por fraccións nunha lona situada no medio do areal
Logo, os escolares desplazáronse ao local de Mar de Fábula, merenderon na terra, impartiuse unha minicharla sobre a problemática do lixo plástico no mar e, na parte final da mañá, activaron a súa imaxinación creando seres fantásticos co lixo plástico almacenado baixo as mesas de traballo.
O resultado da contaminante colleita foi o seguinte :
- Anacos plástico blando = 86
- Anacos plástico ríxido = 39
- Cordas e cordeis = 200
- Anacos rede & enghados do pulpo = 14
- Filtro de motor = 1
- Latas bebida = 3
- Cabichas = 34
- Anacos entullo = 22
- Anacos vidro = 16
- Madeira procesada = 24
- Tapóns plástico = 8
- Anacos roupa/textil = 90
Total refugallos = 537
Total orixe pesca = 215 ( 40% do total)
Observacións :
- Por primeira vez, a porcentaxe de residuos da pesca baixa do 50%
- Como novedade aparece o entullo. O mar de fondo debeu removelo e achegalo á area.
- O noso recoñecemento ao interés entusiasta do alumnado e á colaboración do profesorado.