Actividades ambientais en Camelle de 30 escolares do CPI A Picota, Mazaricos

Este sábado 15 de maio, ás 11:00 horas da mañá, dimos a benvida na cabeceira da praia de Camelle a 30 alumnos/as de 5º e 6º de primaria e 3 docentes do CPI A Picota, do concello de Mazaricos.

Como é habitual, os cativiños baixaron do autobús, felices e expectantes, ao abrirse ante os seus ollos a enorme praia de Camelle e o seu mar acolledor.

Seguindo o protocolo habitual cos centros de ensino que recibimos en Camelle, procedeuse primeiro a realizar durante 1 h e 30 minutos unha recollida de lixo mariño e posterior clasificación por fraccións nunha lona situada no medio do areal

Logo, os escolares desplazáronse ao local de Mar de Fábula, merenderon na terra, impartiuse unha minicharla sobre a problemática do lixo plástico no mar e, na parte final da mañá, activaron a súa imaxinación creando seres fantásticos co lixo plástico almacenado baixo as mesas de traballo.

O resultado da contaminante colleita foi o seguinte :

  • Anacos plástico blando = 86
  • Anacos plástico ríxido = 39
  • Cordas e cordeis = 200
  • Anacos rede & enghados do pulpo = 14
  • Filtro de motor = 1
  • Latas bebida = 3
  • Cabichas = 34
  • Anacos entullo = 22
  • Anacos vidro = 16
  • Madeira procesada = 24
  • Tapóns plástico = 8
  • Anacos roupa/textil = 90

Total refugallos = 537
Total orixe pesca = 215 ( 40% do total)

Observacións :

  • Por primeira vez, a porcentaxe de residuos da pesca baixa do 50%
  • Como novedade aparece o entullo. O mar de fondo debeu removelo e achegalo á area.
  • O noso recoñecemento ao interés entusiasta do alumnado e á colaboración do profesorado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297