E o celebramos, vaia se o celebramos! porque a pesar das circunstacias actuais pola CRISE DOS PELLETS, celebramos que seguimos tendo forzas para continuar a visibilizar, sensibilizar e sobre todo, LIMPAR, limpar as praias e coídos de LIXO plástico que non é noso pero que NON podemos IGNORAR. Moitxs de vos limpades tamén de maneira individual, con nos ou con outras asociacións ou colectivos e sabedes de primeira man que o PROBLEMA da contaminación plástica na natureza MEDRA DÍA A DÍA.
Agardamos que da crise dos pelllets saia algo POSITIVO, algo tan simple como sair a LIMPAR, montes, ríos, regatos, praias, coídos, etc..Todo o lixo que vemos é susceptible de converterse en microplásticos (como os pellets de resina), interceptémolo antes. PAREMOS ESTA INVASIÓN DE PLÁSTICO NA NATUREZA. Estamos estos días comprobando o PODER transformador que temos as PERSOAS cando veñen mal dadas, polo que, desexamos que este sexa un punto de inflexión e comezar ENTRE TODXS a REVOLUCIÓN ANTI-PLÁSTICO NA NATUREZA.
Hoxe, asistiron 55 persoas á nosa limpeza na praia do Lago de Camariñas, un areal moi contaminado de lixo mariño, retiramos en total 17 SACOS DE 100 LITROS. A continuación, 20 persoas nos achegamos despóis a retirar cantas boliñas de pellets (2 SACOS DE 30 LITROS), poidemos sacar das praias de Reira.
Xs que limpamos de maneira habitual, sabemos que é MISIÓN IMPOSIBLE, apañar os pellets en canto se espallan nos areais e temos presente a ESTADÍSTICA: o 75% dos plásticos que caen ao mar, directamente van ao fondo, o 15% queda aboiando no mar e o 15% chega á costa.
Co paso dos días, este verquido de pellets engrosará a lista de TODOS OS ELEMENTOS CONTAMINANTES COS QUE CONVIVIMOS. Non poderemos facer moito máis cos PELLETS pero SÍ podemos SEGUIR LIMPANDO TODO O DEMÁIS.
Agradecemos a colaboración nas limpezas dos Concelleiros de Medioambiente e de Deportes do @ Concello de Camariñas e do Presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte Aptcm Costa da Morte.
Moitas gracias a todxs xs voluntarixs e vémonos na vindeira limpeza!