Campaña de sensibilización ambiental no concello de Camariñas

A partir do 1º de agosto, o concello de Camariñas e Mar de Fábula teñen previsto lanzar unha campaña de sensibilización ambiental baixo o lema “ Camariñas, a perla da limpeza ambiental da Costa da Morte”.

O obxectivo desta campaña é despertar a autoestima colectiva e o respecto mutuo entre os veciños para atallar a contaminación ambiental na súa orixe, que non se tiren residuos ao chan nin polo retrete das nosas casas porque todo vai ao mar. Tratar o espazo público como se fose a nosa casa común que en realidade é. 

Esta campaña, a desenvolver no tempo, terá unha primeira fase informativa coa edición de 5.000 trípticos, con información xeral e mensaxes precisas, que serán buzoneados dende o concello a todas as casas ao tempo que damos pequenos e visuais pasos dibuxando en algunhas rúas da beiramar a balea de Mar de Fábula coa lenda “ O mar empeza aquí” e situando un insecto xigante no paseo marítimo de Camelle para depositar o lixo plástico da praia. Seguirán charlas informativas cos veciños nas catro parroquias do concello e cando chegue o mes de setembro os escolares seran os nosos colaboradores de cara a sensibilizar aos adultos no seus fogares. 

En definitiva, trátase de facer de Camariñas esa perla de limpeza ambiental que representa o froito da caramiña, planta cun importante valor ecolóxico e símbolo da riqueza natural da vila á que lle dá nome.

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297