Resultado da limpeza na praia de Gures

Este domingo 21 de maio de 2023, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia de Gures 21 persoas (7 delas, nenxs). Persoas, familias súper motivadas 100×100 afrontaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival.

Despóis de organizar a mecánica da limpeza, até alí nos diriximos nun paseíño duns 400 metros, a sabendas de que o vento do nordés predominante, anda a devolver estos días para o mar moito do lixo mariño polo que iamos. Tras a habitual e falsa sensación de chegar a unha praia limpa, en poucos metros nos demos conta de que estabamos no lugar correcto e baixo a ollada de aprobación dos lexendarios Monte Pindo e Cabo Fisterra, dedicámonos a limpar, limpar, limpar..🐢🐢🐢

Debido a que o vento podía espallar o lixo que apañamos, non foi posible realizar a caracterización do mesmo. Pero, debemos destacar: anacos grandes de fibra de vidro, nasas de polbo e un gran aparello de pesca. Multitude de anacos de plásticos duros de todos os tamaños e de envoltorios, bastonciños das orellas, latas e botellas de plástico. En total foron 5 os sacos de 100 litros os que subimos ao contedor. Para os grandes volúmenes, demos aviso ao Concello de Cee , para que procedan á súa retirada. Coma sempre, separamos material para reutilizar nos nosos obradoiros artísticos.

Agradecemos a todxs xs voluntarixs a súa participación, esforzo e compromiso para facer do noso entorno un lugar máis compatible para todas as formas de vida que habitan este planeta.

Queremos salientar a presenza de membros da directiva (presidente e secretario) e de socixs, da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte Aptcm Costa da Morte. O sector turístico e o coidado e custodia da natureza van da man.

Comparte :
¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297