As criaturas caóticas de Mar de Fábula representadas nun mural no CEIP O Areal

Hoxe inaugurouse o novo mural do CEIP O Areal, elaborado pola asociación Mar de Fábula por encargo do Concello de Camariñas. A entidade quixo trasladar ata o centro educativo o mundo de criaturas caóticas que vive no seu centro de actividades en Camelle.

Durante os meses de xullo e agosto, de xeito intermitente, un total de 12 voluntarios e voluntarias de Mar de Fábula, tanto persoas adultas como nenos e nenas, encargáronse do deseño e da pintura do mural no que están representadas as baleas, peixes, arañas, formigas, vermes, tartarugas, serpes… os animais con multitude de cores e patas creados pola asociación que “están a xurdir dos fondos abisais do Atlántico Norte, novas formas de vida que invaden terra firme nos cinco continentes e navegan agora polas rúas de Camariñas”, explican.

O acto contou coa presencia da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño; a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro; a directora do centro educativo e unha representación da asociación e dos artistas executores da obra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula

Para donacións puntuales podes usar o noso número de conta mediante transferencia bancaria ao IBAN:

ES91 0049 7773 3028 1000 3297