Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do mesmo centro escolar.
As actividades a realizar para ambos grupos foron as mesmas, seguindo o programa que temos diseñado para as visitas de escolares.
Primeiro, despois dunha explicación previa da tarefa a realizar, adicaron aprox 1 h 30 minutos á limpeza da praia e posterior clasificacións por fraccións do lixo mariño apañado. Prducía emoción ver en estos cativiñxs de 10 anos o interés e atención extrema que puxeron en seguir as pautas marcadas para apañar, non só lixo mariño patente á vista senón tamén os miniplásticos e incluso os anaquiños de microplásticos.
O resultado da infame colleita, que nunca máis volverá a contaminar o mar, foi o seguinte :
- Cabichas = 37
- Tapóns plástico = 14
- Botellas plástico = 9
- Latas bebidas = 13
- Máscaras = 8
- Bricks = 1
- Anacos plástico ríxído = 31
- Plástico blando( anacos bolsas, envoltorios) = 75
- Anacos cerámica = 6
- Anacos ferro = 18
- Solas calzado = 7
- Cordas&chicotes&aparellos pesca = 143
- Blister pastillas = 2
- Bastonciños orellas = 8
- Máscaras = 11
- Botellas e anacos vidro = 29
- Anacos madeira procesada = 6
- (por falta de tempo non se puido contar os moitos microplásticos)
- Total residuos = 418
- Porcentaxe residuos de pesca sobre o total = 34%
- Porcentaxe lixo plástico sobre o total = 72%
Unha semana antes, nunha limpeza exhaustiva, o total de residuos apañados foran 388.
Conclusión: Neste libro de texto sobre a contaminación do mar que é a praia de Camelle, podemos comprobar que as feridas do mar están abertas polo maltrato que históricamente témoslle dado e todos os días está a nos devolver o lixo que lle temos botado.
Na segunda parte das actividades, xa nas instalacións de Mar de Fábula, despois de tomar a súa merenda da mañá na terraza, pasaron ao interior para atender unha minicharla participativa, visionar un video de 5 minutos sobrea formación das criaturas caóticas, os animais de plástico que xurden do fondo do mar. Despois, até o remate da xornada á 1240 horas, os escolares disfrutaron creando animais fantásticos cos anacos de lixo plástico, limpo e preparado, estibado á súa disposición no local.
Agradecemos de novo a cooperación do Concello de Laxe na realización destas xornadas e confiamos repetilas máis adiante con outros cursos deste centro escolar.