GalicianSpanishEnglishFrench

Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe

Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do mesmo centro escolar.

As actividades a realizar para ambos grupos foron as mesmas, seguindo o programa que temos diseñado para as visitas de escolares.

Primeiro, despois dunha explicación previa da tarefa a realizar, adicaron aprox 1 h 30 minutos á limpeza da praia e posterior clasificacións por fraccións do lixo mariño apañado. Prducía emoción ver en estos cativiñxs de 10 anos o interés e atención extrema que puxeron en seguir as pautas marcadas para apañar, non só lixo mariño patente á vista senón tamén os miniplásticos e incluso os anaquiños de microplásticos.

O resultado da infame colleita, que nunca máis volverá a contaminar o mar, foi o seguinte :

  • Cabichas = 37
  • Tapóns plástico = 14
  • Botellas plástico = 9
  • Latas bebidas = 13
  • Máscaras = 8
  • Bricks = 1
  • Anacos plástico ríxído = 31
  • Plástico blando( anacos bolsas, envoltorios) = 75
  • Anacos cerámica = 6
  • Anacos ferro = 18
  • Solas calzado = 7
  • Cordas&chicotes&aparellos pesca = 143
  • Blister pastillas = 2
  • Bastonciños orellas = 8
  • Máscaras = 11
  • Botellas e anacos vidro = 29
  • Anacos madeira procesada = 6
  • (por falta de tempo non se puido contar os moitos microplásticos)
  • Total residuos = 418
  • Porcentaxe residuos de pesca sobre o total = 34%
  • Porcentaxe lixo plástico sobre o total = 72%

Unha semana antes, nunha limpeza exhaustiva, o total de residuos apañados foran 388.

Exif_JPEG_420
Os nenos do CEIP Cabo da Area de Laxe

Conclusión: Neste libro de texto sobre a contaminación do mar que é a praia de Camelle, podemos comprobar que as feridas do mar están abertas polo maltrato que históricamente témoslle dado e todos os días está a nos devolver o lixo que lle temos botado.

Na segunda parte das actividades, xa nas instalacións de Mar de Fábula, despois de tomar a súa merenda da mañá na terraza, pasaron ao interior para atender unha minicharla participativa, visionar un video de 5 minutos sobrea formación das criaturas caóticas, os animais de plástico que xurden do fondo do mar. Despois, até o remate da xornada á 1240 horas, os escolares disfrutaron creando animais fantásticos cos anacos de lixo plástico, limpo e preparado, estibado á súa disposición no local.

Agradecemos de novo a cooperación do Concello de Laxe na realización destas xornadas e confiamos repetilas máis adiante con outros cursos deste centro escolar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: ASOC MAR DE FABULA.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a WP Nordés que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

¿Queres facerte socio?

Se eres unha persoa comprometida co medio ambiente e che gustaría aportar o teu gran de area por un mar máis limpo, non dubides en facerte socio de Mar de Fábula