Celebración da Semana dos Oceanos

Celebración da semana dos océanos coruña 00004

Hoxe, case 100 persoas de diversos colectivos ( Aspronaga Asociación, Fundacion Erguete-Integracion, CEEPR Lourdes, CP Teixeiro e CIS Coruña), realizamos unha acción pola defensa dos océanos na praia de Riazor, Concello da Coruña. Unha areal que é obxectivo xa non só do lixo mariño senón tamén, do lixo procedente do fermoso paseo marítimo da cidade. Despois das palabras de […]

Limpeza na Praia dos Muíños en Muxía

Limpeza Na Praia Dos Muíños En Muxía 00001

Hoxe, 15 valentes persoas, entre elxs, 3 nenxs, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia dos Muíños en Muxía. Baixo un orballo que nos colleu “cariño” e non nos soltou en toda a mañá, acometimos unha dura limpeza. Sacamos todo o lixo mariño do que fomos capaces, pero como vos podedes imaxinar e despóis […]

Proxecto ENTRE CREBAS. 11ª limpeza de lixo mariño na praia das Lapas.

Proxecto Entre Crebas. 11ª Limpeza De Lixo Mariño Na Praia Das Lapas 00001

Onte á mañá 17 persoas residentes no CIS, 2 funcionarias e 2 voluntarios de Mar de Fábula realizamos  a limpeza nº 11 na praia das Lapas (O Areal da Torre) dentro do proxecto ENTRE CREBAS.  De  vagar, mes a mes, imos achegándonos a decembro, tempo de conclusión deste proxecto. Contaremos ao final 12 meses e […]

Limpeza na Praia de Mera: O día despois.

Limpeza Na Praia De Mera

Limpeza de lixo mariño na praia de Mera e avaliación do seu BEA. Onte a mañá, baixo un afogante sol de outono, 15 voluntarixs fumos apañar lixo plástico miudo á praia de Mera, Oleiros. É rechamante a relación desta praia co mar. O perfil alto do areal na primeira mitade dos seus 500 metros de lonxitude […]

Proxecto Entre Crebas – 10ª Limpeza de lixo mariño na Praia das Lapas

Proxecto Entre Crebas 10 Limpeza

O pasado mércores 3 de outubro levamos adiante a limpeza nº10 dentro do proxecto ENTRE CREBAS, proxecto de colaboración entre o CIS (Centro de Inserción Social ) da Coruña e Mar de Fábula, cuxo obxectivo é realizar unha limpeza mensual   na praia das Lapas durante 12 meses coas persoas voluntarias residentes no CIS. Neste […]

Proxecto ENTRE CREBAS. Sexta limpeza da praia das Lapas. 24 abril 2024

6 Limpeza Da Praia Das Lapas Coruña

O pasado mércores día 24 do cte. as persoas residentes do CIS ( Centro de Inserción Social) da Coruña e Mar de de Fábula levaron adiante a 6ª acción ambiental do proxecto ENTRE CREBAS que ten por obxectivo realizar, durante un ano e con frecuencia mensual, a limpeza e clasificación do lixo mariño que o […]