Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP  Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos. Mais na semana pasada chamounos o portavoz do […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Lago, Camariñas

Limpeza da praia de Lago en Camariñas

Na mañá de onte 7 de xuño levamos adiante a terceira e última experiencia de avaliación do Bo Estado Ambiental de praias no litoral da Costa da Morte, baixo o patrocinio do Galp Costa da Morte e seguindo os parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea que consideran que, unha praia calqueira do litoral europeo, […]

Actividades ambientais en Camelle de 30 escolares do CPI A Picota, Mazaricos

Os rapaces do CPI A Picota en Camelle

Este sábado 15 de maio, ás 11:00 horas da mañá, dimos a benvida na cabeceira da praia de Camelle a 30 alumnos/as de 5º e 6º de primaria e 3 docentes do CPI A Picota, do concello de Mazaricos. Como é habitual, os cativiños baixaron do autobús, felices e expectantes, ao abrirse ante os seus […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe

Os nenos da escola limparon a súa Praia de Laxe

Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á […]

Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso

Os protagonistas da limpeza na Praia da Ermida en Ponteceso

Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias. A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual […]