10 anos de activismo mirando ao mar
E o celebramos, vaia se o celebramos! porque a pesar das circunstacias actuais pola CRISE DOS PELLETS, celebramos que seguimos tendo forzas para continuar a visibilizar, sensibilizar e sobre todo, LIMPAR, limpar as praias e coídos de LIXO plástico que non é noso pero que NON podemos IGNORAR. Moitxs de vos limpades tamén de maneira […]
Limpeza nos coídos de Camariñas en novembro de 2023
Este domingo 26 de novembro de 2023, baixo a mellor das metereoloxías, 10 adultxs e dúas nenas, procedimos a limpar todo o lixo mariño do que fomos capaces en tres coídos de Camariñas (Portocelo, O Pindo e Os Boliños da Fortuna).Os últimos temporais do sur, deitaron na costa unha boa mostra do que se lle […]
Visita de Anpanxoga – Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ao centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle
O sábado 2 de setembro recibimos a visita de 30 persoas entre adultos e menores, asociados de ANPANXOGA ( Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos), acompañadas por dúas intérpretes da linguaxe de signos. Seguindo o protocolo habitual que temos establecido para as visitas de colectivos, as familias participantes chegaron á praia de […]
Resultado da limpeza na praia de Gures
Este domingo 21 de maio de 2023, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia de Gures 21 persoas (7 delas, nenxs). Persoas, familias súper motivadas 100×100 afrontaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival. Despóis de organizar a mecánica da limpeza, até alí nos diriximos nun paseíño […]
Próxima limpeza nos coídos da Punta do Corno en Camariñas
Dende a asociación Mar de Fábula facemos un chamamento ás persoas interesadas en participar na nosa vindeira limpeza. Aquí tedes toda a información necesaria: A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico:info@mardefabula.org Coma sempre, contaremos co apoio loxístico do […]
Resumo da limpeza efectuada por Mar de Fábula na Praia da Concha en Cee
Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia da Concha, en Cee. O traballo fíxose duro debido ás altas temperaturas tan inusuais nesta época do ano, é por iso, que queremos agradecer hoxe en especial a labor de tan motivado e concienciado voluntariado. Sentimos a necesidade de recuperar […]
Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle
Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos. Mais na semana pasada chamounos o portavoz do […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Laxe
Seguindo o fío conductor da experiencia de onte na praia da Ermida, esta mañá, coa participación de 52 alumnos/as de 2º,3º e 4º de primaria e de catro profesoras do CEIP Cabo da Area e contando coa presencia inicial dun técnico do Galp Costa da Morte, entidade pública patrocinadora desta iniciativa ambiental, temos procedido á […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia da Ermida, Ponteceso
Un dos principais indicadores da abundancia, composición e tendencia do lixo plástico no medio mariño é a cantidade de residuos que aparecen nas praias. A Comisión Europea, na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño considera que unha praia do litoral europeo, non pode acumular máis de 20 items (residuos) cun tamaño igual […]
Nova excursión ambiental a Camelle do CEIP Cabo da Area de Laxe
Este pasado mércores 9 de febreiro, ás 1000 horas da mañá, dimos a benvida no paseo da praia de Camelle ao autobús con 29 alumnxs e 2 profesoras de 5º de primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe. Xusto unha semana antes, recibíramos tamén a visita de 18 escolares de 6º de primaria do […]