Resultado da limpeza na praia de Gures

Este domingo 21 de maio de 2023, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia de Gures 21 persoas (7 delas, nenxs). Persoas, familias súper motivadas 100×100 afrontaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival. Despóis de organizar a mecánica da limpeza, até alí nos diriximos nun paseíño […]
Próxima limpeza nos coídos da Punta do Corno en Camariñas

Dende a asociación Mar de Fábula facemos un chamamento ás persoas interesadas en participar na nosa vindeira limpeza. Aquí tedes toda a información necesaria: A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico:info@mardefabula.org Coma sempre, contaremos co apoio loxístico do […]
Resumo da limpeza efectuada por Mar de Fábula na Praia da Concha en Cee

Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia da Concha, en Cee. O traballo fíxose duro debido ás altas temperaturas tan inusuais nesta época do ano, é por iso, que queremos agradecer hoxe en especial a labor de tan motivado e concienciado voluntariado. Sentimos a necesidade de recuperar […]
Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula. Cambios na presidencia da asociación

De acordo cos estatutos da asociación para nomeamentos ou ceses na xunta directiva, o sábado 14 de xaneiro ás 1700 horas, celebrouse Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula na sede da asociación en Camelle para tratar, como asunto principal, a dimisión por motivos de saúde do actual presidente Xosé Manuel Barros e proceder á […]
Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula o 14 xaneiro 2023 – Elección de nova presidencia

Pola presente, en función das miñas facultades como presidente, convoco unha Asamblea Xeral Extraordinaria de Mar de Fábula para o sábado día 14 de xaneiro 2023, ás 1700 horas, a celebrar na sede da asociación en Camelle. Esta Asamblea Xeral asumirá os contidos da Asamblea Ordinaria que, todos os anos no mes de xaneiro, ten […]
Mar de Fábula necesítate, faite socio xa!

Nunha nova etapa do camiño que estamos a facer na defensa do mar, Mar de Fábula fai un chamamento a todas as persoas que comparten os nosos obxectivos e a todos os voluntarios que durante anos teñen colaborado connosco nas limpezas de praias. Faite socio de Mar de Fábula !O procedemento é moi sinxelo e […]
Proxecto Arte do Mar: Talleres de promoción artística, ambiental e cultural na Costa da Morte.

Dentro das actividades programadas no proxecto Arte do Mar presentado por Mar de Fábula ao Galp Costa da Morte na convocatoria de axudas do ano 2021, está contemplada a presentación dunha conferencia divulgativa sobre os valores naturais e ambientais da Costa da Morte. Esta conferencia, con formato de charla coloquio, terá lugar no Museo de […]
Celebración do 8 de xuño, Día dos Océanos, Camelle

Dende hai xa moitos días, tiñamos reservada esta data, para acoller con todos os honores, a visita de 11 escolares e 2 profesores do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e celebrar con eles en Camelle, sen moito rebumbio pero cunha forte carga simbólica, o Día dos Océanos. Mais na semana pasada chamounos o portavoz do […]
Avaliación do Bo Estado Ambiental da praia de Lago, Camariñas

Na mañá de onte 7 de xuño levamos adiante a terceira e última experiencia de avaliación do Bo Estado Ambiental de praias no litoral da Costa da Morte, baixo o patrocinio do Galp Costa da Morte e seguindo os parámetros fixados polos expertos da Comisión Europea que consideran que, unha praia calqueira do litoral europeo, […]
Actividades ambientais en Camelle de 30 escolares do CPI A Picota, Mazaricos

Este sábado 15 de maio, ás 11:00 horas da mañá, dimos a benvida na cabeceira da praia de Camelle a 30 alumnos/as de 5º e 6º de primaria e 3 docentes do CPI A Picota, do concello de Mazaricos. Como é habitual, os cativiños baixaron do autobús, felices e expectantes, ao abrirse ante os seus […]