10 anos de activismo mirando ao mar
E o celebramos, vaia se o celebramos! porque a pesar das circunstacias actuais pola CRISE DOS PELLETS, celebramos que seguimos tendo forzas para continuar a visibilizar, sensibilizar e sobre todo, LIMPAR, limpar as praias e coídos de LIXO plástico que non é noso pero que NON podemos IGNORAR. Moitxs de vos limpades tamén de maneira […]
Crise dos Pellets de Resina, limpezas na Costa da Morte
Rematamos onte, 2 días de intensa actividade de LIMPEZAS, na mellor compañía, cxs amigxs da Brigada do Mar, que viñeron dende Lisboa, para AXUDAR nesta crise na que estamos inmersxs. O venres, comezamos limpando o areal de Camelle, no que os pellets estaban moi mesturados co alghaso. Pola tarde, limpeza de pellets nas praias de Reira […]
Limpezas na Cala de bens, praia de Caveiro e manifesto na Defensa do Mar en Santiago
Venres, 19 de xaneiro. Limpeza na cala de Bens, A Coruña con REFIX e RetoqueRetro. Probablemente sexa o areal maís contaminado da provincia. Sen rastro de pellets pero sí moita contaminación de residuos textís, como é habitual nesta esquecida caliña que tempo atrás, antes do actual estado de abandono e sacrificada polas administracións en favor do sector industrial […]
Proxecto ENTRE CREBAS, coidando a Praia das Lapas
No pasado luns día 20 do cte., o CIS da Coruña e Mar de Fábula inaguraron, cunha primeia limpeza, o proxecto ENTRE CREBAS (Coidando a praia das Lapas), unha colaboración que pretende formar ás persoas residentes do CIS en materia medio ambiental, respeto ao entorno e responsabilidade no coidado do mesmo. Unha vez ao mes, […]
Limpeza nos coídos de Camariñas en novembro de 2023
Este domingo 26 de novembro de 2023, baixo a mellor das metereoloxías, 10 adultxs e dúas nenas, procedimos a limpar todo o lixo mariño do que fomos capaces en tres coídos de Camariñas (Portocelo, O Pindo e Os Boliños da Fortuna).Os últimos temporais do sur, deitaron na costa unha boa mostra do que se lle […]
Visita de Anpanxoga – Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ao centro de actividades ambientais de Mar de Fábula en Camelle
O sábado 2 de setembro recibimos a visita de 30 persoas entre adultos e menores, asociados de ANPANXOGA ( Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos), acompañadas por dúas intérpretes da linguaxe de signos. Seguindo o protocolo habitual que temos establecido para as visitas de colectivos, as familias participantes chegaron á praia de […]
Limpeza e avaliación do estado ambiental da praia de Mar de Fora a 10 de agosto 2023
O pasado xoves 10 de agosto fumos limpar a praia de Mar de Fora en Fisterra coa intención de avaliar o seu estado ambiental posto que, nunha primeira inspección visual feita hai uns quince días, a praia relucía limpa a primeira vista. Esta acción ambiental foi realizada en colaboración co proxecto VISITA Á COSTA DA […]
Resultado da limpeza na praia de Gures
Este domingo 21 de maio de 2023, acudiron ao noso chamamento para limpar a praia de Gures 21 persoas (7 delas, nenxs). Persoas, familias súper motivadas 100×100 afrontaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival. Despóis de organizar a mecánica da limpeza, até alí nos diriximos nun paseíño […]
Próxima limpeza nos coídos da Punta do Corno en Camariñas
Dende a asociación Mar de Fábula facemos un chamamento ás persoas interesadas en participar na nosa vindeira limpeza. Aquí tedes toda a información necesaria: A efectos de cobertura de seguros, é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, no teléfono: 608 60 90 42, ou no correo electrónico:info@mardefabula.org Coma sempre, contaremos co apoio loxístico do […]
Resumo da limpeza efectuada por Mar de Fábula na Praia da Concha en Cee
Onte sábado 18 de febreiro, acudiron 6 persoas ao noso chamamento para limpar a praia da Concha, en Cee. O traballo fíxose duro debido ás altas temperaturas tan inusuais nesta época do ano, é por iso, que queremos agradecer hoxe en especial a labor de tan motivado e concienciado voluntariado. Sentimos a necesidade de recuperar […]